Proxecto LAGUNAJE - Valorización de residuos agrarios na comarca do Deza

O proxecto pretende a creación dunha “Planta de compostaxe” para a xestión conxunta de: Galinácea e purín, procedentes de explotacións avícolas e porcinas intensivas, xunto con restos vexetais(restos de podas, limpeza de montes, restos de cultivo, etc.)que se xeran no seu entorno. A planta estará formada por dúas infraestruturas diferenciadas: unha zona de elaboración de compost e un sistema hibrido de humedais artificiais de fluxo combinado superficial e subsuperficial. Para apoiar o funcionamento da planta crearanse tres “Puntos verdes” para a recollida dos residuos vexetais da zona. O proxecto ofrece a posibilidade do “Compost á carta”. Isto supón a elaboración de distintos tipos de compost en función da súa aplicación posterior e das necesidades dos diferentes cultivos. Ademais o proxecto inclúe a elaboración dun “Plan de viabilidade”, que permita o funcionamento da Planta de Compostaxe, unha vez finalizado o mesmo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Cursos e xornadas:

Cartel_A3_2018.png

Fomento da produción de castaña na provincia de Pontevedra como alternativa de aproveitamento agroforestal.

Xullo a decembro 2018

O cultivo da castaña como alternativa a outros aproveitamentos forestais do monte.

Aprende as labores necesarias para o cuidado dun soto de castaños, como realizar novas plantacións, como e cuando podar e inxertar.

Saber detectar a tempo enfermidades como o chancro,atinta ecomoremedialas,paraqueos castiñeiros estén sans e sexan produtivos.

 

MÁIS INFORMACIÓN

ONDE ESTAMOS

A nosa sede está no concello de Ordes, pero dispoñemos de puntos de atención repartidos en toda Galicia.

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL "ODEGA"

RUA CAMPOMAIOR, 7

15680 ORDES

(A CORUÑA)

981 68 0114 -  adrural.odega@gmail.com

2015 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos